Saturday 18 de May de 2024

O alcalde destaca que o Congreso Secot 2016 reunirá 3.000 asistentes e xerará un retorno económico para a cidade de 3 millóns de euros


Carlos Negreira participou na presentación deste evento que, por primeira vez, se celebrará en Galicia

O alcalde da Coruña, asistiu á presentación do Congreso SECOT 2016 (Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía), que celebrará a súa 53ª edición na cidade da Coruña coa asistencia prevista dunhas 3.000 persoas e un retorno económico de 3 millóns de euros. Trátase da primeira vez que Galicia acolle este evento que pretende xuntar os intereses dos médicos especialistas para fomentar o desenvolvemento da súa especialidade estimulando o seu ensino e investigación. No acto estivo Rafael Arriaza, que organizará o devandito congreso.
Carlos Negreira, asegurou que a colaboración dos sectores público e privado permiten á cidade competir nas grandes ligar do mercado de congresos: “A unión do sector público e privado permite que cando nos coordinamos nunha fronte común sexamos capaces de traer máis e mellores cousas para a cidade”. Negreirasinalou que o turismo de congresos é unha riqueza para os sectores hoteleiro, hostaleiro e do pequeno comercio da cidade. Neste sentido, o alcalde asegurou que a estanza dos congresistas xera un retorno económico importante na cidade -neste caso estímase que uns 3 millóns de euros- e que, ademais, son persoas que adoitan regresar en compañía das súas familias.
“A Coruña ten beleza, gastronomía, máis de 5.000 prazas hoteleiras e máis de 3.000 establecementos hostaleiros. Contamos cunha cidade moi equipada e ben preparada. A única galega con dúas estrelas Michelin”, sinalou o alcalde quen recordou os últimos datos de pernoctacións na cidade que reflicten un incremento do 8,24% nos dez primeiros meses de 2014 fronte a 2013, “dobramos á seguinte cidade”, matizou.
Carlos Negreira avanzou que, o traballo conxunto e a colaboración público privada, permite que a cidade hai pechado xa congresos que supoñerán ter en 2015-2016 uns 7.000 congresistas na Coruña e esperamos seguir confirmando novos eventos que nos colocarán nas grandes ligas do mercado de congresos”.
O alcalde animou ao sector turístico a seguir traballando para seguir dando a coñecer e promover as virtudes da cidade e seguir mellorando as cifras, como a da estanza media de turistas que, situada nos 2,31 noites en outubro, é a máis alta de Galicia.